jueves, 26 de marzo de 2015

COMISIÓN POLA RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA DA CORUÑA




ACTOS ARREDOR DO DÍA DA REPÚBLICA 2015

Xoves, 26 de marzo de 2015, 20'00 h.
ESTREA NA CORUÑA DO DOCUMENTAL SOBRE A VIDA DE JOSÉ CASTRO VEIGA, “O PILOTO”, O ÚLTIMO GUERRILLEIRO ANTIFRANQUISTA


Venres, 27 de marzo de 2015, 21'00 h.
ACTO DE HOMENAXE ÁS VÍTIMAS DO PORTIÑO, LEMBRANDO A FUGA FRACASADA DO 12 DE ABRIL DE 1937, ONDE 19 PERSOAS FORON ASASINADAS


Xoves, 9 de abril de 2015.
PRESENTACIÓN PÚBLICA NO LOCAL DA REAL ACADEMIA GALEGA (Rúa Tabernas, 11, A Coruña) DO REPUBLICANO DE HONRA 2015, NICANOR ALONSO COSTA
Coa presencia de Carlos Vázquez -amigo persoal da infancia de Nicanor, e compañeiro na loita pola democracia nos tempos en que ambos compartían sacerdocio, de Rubén Constenla -representando ao 15M, do que Nicanor tamén tomou parte, de Adama, inmigrante senegalés chegado hai máis de dez anos en patera á península ibérica, e fundador -xunto con Nicanor-, da Asociación “Sen Papeis” da Coruña, de axuda á inmigración, e tamén coa presenza de Ricardo Rivas, bombeiro da Coruña destacado na súa defensa das persoas desafiuzadas, e membro de de Stop Desafiuzamentos, organización na que tamén participa Nicanor na actualidade


Venres 10 de abril. 19'30 h.
HOMENAXE E OFRENDA FLORAL ÁS VÍTIMAS DO FRANQUISMO DA COMARCA DA CORUÑA, NO MEMORIAL DA AVENIDA DE NAVARRA.


Venres 10 de abril, 21'30 h.
CEA DA REPÚBLICA.
Para anotarse nesta cea, que ten un prezo de 20 euros, pódese chamar ao teléfono 607506231, ou escribir un correo electrónico a crmhacoruna@gmail.com

Sábado, 18 de abril, 12 h.
HOMENAXE E REGRESO DAS CINZAS DE LUISA VIQUEIRA -REPUBLICANA DE HONRA 2010-, Á SÚA TERRA NATAL, NO CEMITERIO DE OUCES, EN BERGONDO
Neste acto contaremos coa participación de Fernando Souto Suárez -presidente da CRMH-, quen presentará a Nicanor Alonso Costa, Republicano de Honra 2015, quen toma o relevo da Luisa Viqueira en tal distinción, para rematar coas palabras -seguro que sentidas-, do fillo de Luisa Viqueira, Manuel Rodríguez Viqueira.





No hay comentarios:

Publicar un comentario