domingo, 29 de marzo de 2015

GOBERNO DO PP DA CORUÑA: UNHA “AXENCIA DE COLOCACIÓN”



Manuel Monge  Mestre e sociólogo, foi concelleiro do BNG na Coruña (2003-2007), expresidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña
Sábado 28 de marzo de 2015
 Diciamos nestas mesmas páxinas en febreiro de 2014 que “Dios” tamén debe demitir. Despois de moitos meses de investigación da Pikachu, derivación coruñesa da operación Pokémon, a xuíza Pilar de Lara chega á conclusión de que o goberno do PP da Coruña converteuse nunha axencia de colocación.

"A xuíza Pilar de Lara chega á conclusión de que o goberno do PP da Coruña converteuse nunha axencia de colocación".
Temos novos datos sobre “Dios” (o alcalde Negreira) e, segundo recolle o sumario da causa,  De Lara considera que Julio Flores, tenente alcalde e portavoz municipal do PP, “non actuaría aisladamente, sino que lo haría con el posible conocimiento y consentimiento de sus compañeros de gobierno, incluido el propio alcalde, don Carlos Negreira”.
A xuíza autorizaba á Axencia Tributaria e á Tesourería Xeral da Seguridade Social para acceder a datos de 54 persoas coa finalidade de “investigar el posible delito de tráfico de influencias y/o cohecho por la contratación de personas recomendadas, y la relación que pudieran tener con las empresa investigadas”. Para a xuíza, despois de escoitar unha conversa intervida entre José María Tutor, delegado de Vendex en Galicia, e Julio Flores, “se infiere que Tutor es conocedor de la existencia de una lista, de la que dispondría Julio Flores, para contratar a determinadas personas que podrían ser próximas por razones diversas a la nueva corporación, de tal forma que vendría a operar a modo de agencia de colocación de empleo, función, que desde luego no corresponde a los ayuntamientos, salvo que se haga de forma disciplinada, reglamentaria y sujeta a los principios de igualdad, mérito y competencia”.
O sumario recolle que nesa suposta axencia de colocación estarían tamén implicados, ademais do alcalde, outros membros do goberno municipal porque recibían copia dos correos electrónicos: “Esta no sería una actuación aislada por parte del teniente de alcalde, Julio Flores, sino que afectaría a otros concejales del Ayuntamiento de A Coruña como Francisco Mourelo, concejal de Deportes, o Miguel Lorenzo, concejal de Servicios Sociales, existiendo incluso conversaciones que alcanzarían al alcalde, Carlos Negreira”. Aparecen tamén outros membros do goberno como receptores deses correos electrónicos onde “se solicita la contratación de persoas o se adjuntan currículos”: Rosa Gallego, responsábel de Persoal e Martín Fernández Prado, de Infraestruturas.
"O sumario recolle que nesa suposta axencia de colocación estarían tamén implicados, ademais do alcalde, outros membros do goberno municipal porque recibían copia dos correos electrónicos"
A corrupción é evidente porque se colocaba a xente nas empresas do grupo Vendex e esta, a cambio, conseguía contratos do concello de millóns de euros: “Ya a lo largo de la investigación se revelaba la relación directa que existía entre la consecución de contratos y la contratación de persoas”, sinala a xuíza.
O sumario recolle quen eran as persoas recomendadas: “Tal como se ha constatado en las intervenciones telefónicas, las personas enchufadas son en ocasiones, parientes o amigos de los cargos y empleados públicos del Ayuntamiento o, en otros casos, se trata de personas afines al gobierno municipal”. Miguel Lorenzo xustificaba a política de enchufes: “Pedir trabajo para otras personas no puede ser un delito”.
Estamos ante feitos moi graves porque, segundo o Servizo de Vixilancia Aduaneira, Vendex operaba como “organizaciones criminales o de blanqueo de dinero” e o sumario recolle que “Flores estaba interesado en que Tutor contrate a varias personas en su empresa, para lo que les facilita sus nombres y sus teléfonos”. Julio Flores descualificaba á xuíza, manifestando que falar do concello da Coruña como unha axencia de colocación é “una auténtica chorrada”, propia dunha “mente con mucha fantasía“, “conjeturas novelescas” e “culebrón interminable”.
O tema non é novo porque no Pleno municipal de 28 de setembro de 2012 o PP rexeitaba unha moción do BNG para a constitución dunha Comisión Informativa Especial de investigación sobre as concesións outorgadas ao grupo Vendex. No Pleno de 14 de xaneiro de 2014 novamente o BNG pedía sen éxito as demisións e ceses dos cargos públicos e de confianza imputados. E outra moción no Pleno de febreiro de 2014 reiteraba esta petición de demisións; o PP votou en contra e o PSOE abstívose. 
Segundo conversas gravadas e que aparecen no sumario da causa, o alcalde Negreira tomou parte nos enchufes para colocar a persoas nas empresas dos grupo Vendex. Negreira foi interpelado polo BNG en varios plenos municipais sobre se coñecía a existencia destes presuntos enchufes, pero nunca respondeu. Con estes novos datos de corrupción, queda claro que o PP está máis preocupado en colocar a parentes e amigos nas empresas concesionarias de servizos municipais, que en levar adiante políticas de creación de emprego para solucionar o grave problema de máis de 22.000 parados que ten a cidade da Coruña. 
FFFFFPrincipio del formulario
Final del formulario



No hay comentarios:

Publicar un comentario