A un mes para a semana na que tradicionalmente teñen
lugar os eventos taurinos no Coliseo, estes non teñen quen os organice polas
perdas que xeran, que o concello xa non poderá tapar sen expoñerse a un enorme
escándalo.
R.S. Domingo
06 de xulio do2014
Coliseo
baleiro durante unha tourada.
A un mes para a semana na que tradicionalmente
teñen lugar os eventos taurinos no Coliseo, estes non teñen quen os organice
polas perdas que xeran, que o concello xa non poderá tapar sen expoñerse a un
enorme escándalo.
Na segunda semana de agosto -ou sexa, dentro dun
mes- é cando adoito se celebran as touradas na Coruña, un costume que estaba
desaparecido e que só unha elite reclamaba pero que devolveu á cidade o
ex-alcalde Francisco Vázquez en 1991. Desde entón, todos os anos se celebraron
estes discutidos eventos no Coliseo de A Vedra, na entrada á urbe. Até agora.
Todo indica que, 23 anos máis tarde, as touradas abandonan A Coruña, acosadas
polas protestas populares e a falta de afección.
No concello se presentaron 90.000 sinaturas en
contra das touradas, que son rexeitadas pola inmensa maioría de habitantes da
Coruña
90.000 sinaturas en contra das touradas, que apenas
convocan a algo máis de 1.500 persoas en cada cita -nun recinto para 9.000- a
pesar das moitas localidades que se agasallan. Eses son os números. Na presión
popular -tamén simbolizada nos centos de persoas que se manifestaron hai un ano
contra as corridas, en resposta á chamada de Galiza, Mellor sen Touradas- está
unha das claves da case segura desaparición deste discutido espectáculo das
festas de verán da Coruña. Ten fondo político. É imposíbel organizalas sen
subvención do concello, algo ao que segundo algunhas enquisas oponse o 80% da
poboación.
Non está o goberno de Carlos Negreira para
facilitar unha polémica así -a oposición leva tempo moi vixilante sobre o
asunto, mesmo o PSOE que apoiou o evento durante dúas décadas- e por iso
prefire deixar morrer por inanición as touradas, que só defenden unha minoría
que aínda espera que se produza unha concesión express que rescate a feira -a
licitación en maio quedou baleira- ou pide que se trasladen o que chaman
festexos ás festas patronais de outubro, na práctica inexistentes alén da
Cidade Vella. Así que todo indica que este ano, para alegría da cidadanía
contraria a elas -maioritaria en Galiza- non haberá touradas na Coruña.
Parlamento
Por outra parte, o martes debaterase no Parlamento
galego a posibilidade de prohibir o acceso a menores de 16 anos aos
espectáculos taurinos. En Pontevedra -sen ningún tipo de apoio municipal- si se
celebrarán touradas de novo este ano
Fonte: http://www.sermosgaliza.com/
No hay comentarios:
Publicar un comentario