Será este domingo, 20 de xullo, organizado pola Iniciativa Galega pola
Memoria. Unhas 300 persoas asistirán ao acto no que, entre outras cuestións,
leranse as conclusións do Relator da ONU para a Verdade, a Xustiza, a
Reparación tras a súa visita a Galiza.
A.V.sabado 19 de xulio
do 2014
Día da Memoria na Illa de
San Simón
San Simón, máis unha vez. A
illa que foi presidio de milleiros de anti-franquistas acollerá outra vez a
Homenaxe Nacional ás Vítimas do Franquismo, acto organizado pola Iniciativa
Galega pola Memoria (IGM). “Alí iremos máis de 300 persoas, que é o número
correspondente á pasaxe de tres viaxes do barco que a Xunta de Galiza e o
concello de Redondela facilitan para a realización da devandita Homenaxe”,
indican desde a organización.
Os actos comezarán cunha
intervención da historia da illa como penal franquista, “onde estiveron varios
miles de presxs políticos republicanxs, para actualmente estar nun estado de
abandono por parte das autoridades, tanto estatais, como autonómicas”.
“Agora, nese lugar de
memoria, celébranse festivais de música, un auténtico agravio á memoria das
miles de persoas que estiveron nesa illa presas e das innumerabeis persoas que
alí asasinaron”
A continuación procederase a
ler as conclusións á visita que o Relator da ONU, Pablo de Greiff, fixo o
pasado xaneiro a Galiza, “para coñecer de primeira mán as impresións dos grupos
memorialistas galegos sobre o grao de cumprimento no que atinxe ao respecto aos
dereitos humanos que existe, tanto no estado español, como na Galiza”.
En base ás xuntanzas
mantidas en Galiza Greiff redactou unhas conclusións preliminares nas que,
sinala a organización, “dálle un tirón de orellas ao goberno español, porque
non está cumprindo as diferentes lexislacións que en materia de dereitos
humanos teñen asinado como estado, aínda manteñen a impunidade dos crimes do
franquismo mediante a todavía hoxendía tristemente vixente Lei de Amnistía de
1977”.
O acto pecharase coa lectura
dun poema por parte de Manolo Rivas e a ceiba de pombas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario