07/11/2013
| Engadido a: Ordenación territorial e medio ambiente. Etiquetas: age, augas,
cecebre, galicia, meirama, pp, trasvase, xuntaAlternativa Galega de Esquerda
presentou unha proposición non de lei en comisión parlamentar na que se insta a
Xunta de Galicia a desenvolver as medidas oportunas para evitar o trasvase
desde a balsa de Meirama a Cecebre (A Coruña). O deputado de Alternativa Galega
da Esquerda Antón Sánchez xustificou a presentación desta iniciativa destacando
o seu compromiso na defensa do interese xeral da cidadanía mediante o emprego e
aproveitamento sustentable dese ben e dereito humano que é a auga, e que non
pode restar como elemento que sirva a negocios privados en forma de ‘pelotazos
hidráulicos’. O deputado de AGE destacou na súa comparecencia que o deixar
facer cómplice das administración públicas gobernadas polo PP compromete ese
interese xeral.Antón Sánchez acusou ao goberno galego e ao director de Augas de
Galicia, Francisco Menéndez, de mentir xa que este trasvase non está
contemplado en ningún dos plans aprobados e elaborados pola Xunta de Galicia e
en vigor a día de hoxe. Así mesmo, destacou os riscos para a saúde que podería
supor este trasvase xa que a concentración de Níquel da augas de Meirama
duplica os niveis máximos permitidos un dato que parece que ao goberno galego
non lle preocupa pese a ser un auga que poría en risco a saúde de toda a
cidadanía da Coruña e concellos limítrofes.Desde AGE defenden que trasvasar
auga da balsa de Meirama a Cecebre ten moito de pretexto para xustificar o
negocio privado de dúas minicentrais, unha con concesión administrativa
caducada e outra aprobada no tempo de desconto da era Fraga para beneficiar a
conspicuos persoeiros dos partidos do réxime e do empresariado. Tan é así que
non se entende que se fure monte arriba para tender unha condución de auga de
case quilometro e medio, xa que chegaría conectar directamente a balsa co río
Barcés.Detrás restan intereses espurios e incumprimento das previsións contidas
no plan hidrolóxico sobre os aproveitamentos na bacía Galicia-costa tal e como
puxo de manifesto o deputado de AGE que engadiu que as augas que virán de
Meirama serán ácidas, preñadas de metais pesados e baixas en osíxeno e que non
se precisan en Cecebre xa que se está atender sen problemas a demanda de auga
da Coruña e concellos limítrofes.Antón Sánchez lamentou que o Partido Popular
nesta ocasión opte por malgastar o diñeiro público nesta onerosa e superflua
infraestrutura e desbote avanzar nunha política de consumo de auga baseada no
aforro, o consumo responsable e o binomio de tarifas sociais e fiscalidade polo
sobreconsumo destes recursos fundamental para a vida e dereito humano para a
nosa cidadanía. –

No hay comentarios:
Publicar un comentario