A paralización por parte da Xunta da acción
do voluntariado para recuperar Monte Pindo incrementou nos últimos días o
número de inscricións no proxecto de voluntariado de SOS Monte Pindo.
11 de decembro do 2013
Monte pindo
Malia a ameaza de sancións, o número de inscricións para partillar nas
accións voluntarias que SOS Monte Pindo tiña deseñado para recuperar o espazo
natural ardido aumentaron desde que a Xunta prohibiu a intervención. Segundo
informan desde Asociación Monte Pindo Parque Natural, o Concello está tamén a
estudar as posibilidades de actuación na zona dada a nova situación.
Asociación Monte Pindo paralizou todo tipo de accións directas no
territorio queimado aínda que anuncia que pode continuar traballando na
sementeira de Lamas de Castelo co fin de aclimatar as árbores que o proxecto
reciba.
“O feito de que o PP se negase a prohibir a utilización de cianuro na
minaría galega o mesmo día que paralizou un proxecto de recuperación dun espazo
natural protexido tan valioso coma o Monte Pindo deixa claro que a sociedade
está condenada a suplir a falta de acción deste goberno no que respecta ao
medio ambiente”, sinalan desde a Asociación.
Informe a favor
Desde a Asociación reclámanlle á Xunta, a través dunha entrevista que
solicitaron coa nova Directora Xeral de Conservación da Natureza, Verónica
Tellado, a entrega dun Informe Técnico favorábel á declaración do Monte Pindo
como Parque Natural que elaboraron os propios técnicos da Consellaría mais que
a Xunta “omitiu deliberadamente ao negarse unha e outra vez a conceder esta
figura de protección ao mítico macizo carnotán”
Fuente: http://www.sermosgaliza.com/
No hay comentarios:
Publicar un comentario