sábado, 31 de enero de 2015

A XUNTA RESPÓNDELLE Á RAG CUNHA DEFENSA DA SÚA PROTESTADA POLÍTICA LINGÜÍSTICA



A Consellaría de Educación afirma que cumpre co Plan de Normalización Lingüística malia as evidencias en contra e mesmo interpreta en clave positiva os malos datos das enquisas sobre uso do galego.
A.R. Hai cerca de 3 horas
Sabado 31 de xaneiro do 2015


Con apoio formal pero con cargas de profundidade críticas e clara intención de non moverse da súa discutida política lingüística. Así respondeu a Consellaría de Cultura e Educación á declaración da Real Academia Galega (RAG): "O galego dá vida, pola vida do Galego". “A Xunta de Galicia comparte a vontade expresada pola Academia e aposta por manter o seu compromiso para crear actitudes positivas cara ao galego”, afirmou nunha nota pública.
Correlingua
  O goberno autonómico defende as súas apostas e mesmo nega os datos que apuntan a un enorme pérdida de galegofalantes. Deste xeito, desde San Caetano afirman que “están a desenvolver unha política lingüística baseada no deseño de medidas eficaces que induzan cambios lingüísticos no uso e na percepción do idioma propio, que contempla os cambios culturais, poboacionais e demográficos que tamén están na base dos resultados da enquisa do IGE, na que a cidadanía constata melloras no coñecemento, na actitude e na percepción do uso do galego na sociedade. Tal e así que, algúns dos datos que se poden tirar da enquisa son positivos. Destaca o feito de que se constata un cambio de tendencia en favor do galego nos índices de coñecemento oral e escrito”.
O goberno galego asegura que "está a aplicar medidas eficaces" a pesar da caída de galegofalantes
Así mesmo, a Xunta comunica a súa decisión de manter o decreto que rebaixou a presenza do galego no ensino e tamén asegura cumprir co Plan Xeral de NormaLización Lingüística, malia as evidencias en contra. “Cómpre sinalar en relación a determinados aspectos da devandita declaración institucional que, no tocante á aplicación do Plan Xeral de Normalización Lingüística (PXNLG), aprobado pola Cámara galega no 2004, o Executivo galego está a aplicar unha política lingüística destinada a darlle debido cumprimento e que o ten sempre como referencia. Noutra orde de cousas, respecto do Decreto 79/2010 do Plurilingüismo, a Xunta de Galicia recorda que a propia enquisa do IGE rexistra un uso equilibrado do galego no ensino non universitario”, afirma a Consellaría de Cultura e Educación, cuxo titular, Jesús Vázquez, deixará o cargo para presentarse como candidato do PP en Ourense.

No hay comentarios:

Publicar un comentario