Comunicado
conxunto
dos
reitores e reitoras
das universidades
públicas
españolas
As universidades somos plenamente conscientes da complicada situación económica do noso país, que tamén vivimos en primeira persoa. É por isto que valoramos os
grandes esforzos que está a facer toda a cidadanía para seguir adiante.
As universidades, agora máis que nunca, estamos traballando para mellorar o noso rendemento, a pesar dos recortes orzamentarios
que estamos a sufrir desde hai uns
anos. Ata o de agora, fixemos un esforzo para seguir mantendo
os
estándares de calidade nas tres grandes funcións da universidade:
a docencia, a investigación e a innovación.
Porén, ante a inminente aprobación dos novos orzamentos xerais do Estado, e os
orzamentos correspondentes a cada unha das comunidades autónomas, atopámonos
nunha situación
preocupante, que pode prexudicar a universidade española tal e como a coñecemos ata agora e impedir o desenvolvemento
das
actividades esenciais. Por
este motivo, queremos manifestar publicamente o seguinte:
1. A diminución dos orzamentos
xerais do Estado para 2013 nun 18% en
educación superior,
e nun 80% nos gastos non financeiros en I+D+i, supón unha
deterioración irreparable do sistema de I+D+i que, xuntamente
coa
conxelación dos cadros de persoal de recursos humanos, levará o noso país á perda do tren do desenvolvemento
tecnolóxico e hipotecará a investigación e os maiores avances na
fronteira do coñecemento.
2. Os efectos do endebedamento das comunidades
autónomas, xunto coa
mingua das transferencias das partidas destinadas ás universidades, están conducindo
o noso sistema universitario a unha situación próxima á asfixia económica,
que se traducirá nun estrago irreparable. Isto contradise co discurso político, de que “o noso
país debe basear o seu progreso no coñecemento”. Sen investimento en educación superior nin en I+D+i será inviable o funcionamento das universidades públicas. E, sen coñecemento, non haberá progreso.
Ante esta situación, os reitores e as reitoras das universidades españolas solicitamos o seguinte:
Que a educación superior, a investigación,
o
desenvolvemento e a innovación, que van intrinsecamente
unidas entre si, sexan consideradas como un
investimento e non como un gasto e que as universidades españolas, tal e como
solicitou recentemente a Asociación da Universidade Europea (EUA) aos xefes de Estado e de goberno europeos, teñan un financiamento público suficiente e sostible e
se fortaleza a autonomía universitaria para que poidan diversificar as súas fontes de
ingresos sen obstáculos.
As universidades comprometémonos a incrementar a eficacia e a eficiencia das nosas institucións, e a continuar coa transparencia e a rendición de contas ante a sociedade,
co fin de que as nosas
universidades sigan impulsando a cohesión social do noso país
e sexan motores e fontes de coñecemento e riqueza.
Esta
universidade manifesta a
súa vontade de colaboración coas
administracións
públicas para axudar a resolver este grave problema económico e para seguir traballando por un futuro sostible para as universidades españolas. Se estas perden
calidade, tamén o fará a investigación científica, a innovación tecnolóxica e,
por
suposto, a
formación. Non perderán soamente as universidades,
senón que perderemos TODOS,
o conxunto da sociedade. Quedarémonos
sen
unha das armas
necesarias para avanzarmos e saírmos da crise económica: o coñecemento.
Dada a gravidade desta situación, este comunicado
dáse a coñecer de forma simultánea en todas as universidades públicas españolas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario