Concentración no Obelisco, na Coruña
Concentración ante a Delegación do Goberno, na Coruña
Cabeceira da manifestación unitaria celebrada en Compostela o 7 de xuño
CC BY-SA @XCGaliza
"Queremos decidir sobre o noso futuro e
por iso esiximos a convocatoria dun referendo para que a cidadanía decida
entre monarquía ou república (...) Estamos a prol da ruptura democrática e
queremos decidir sobre o noso futuro. Partindo da existencia dunha realidade
plurinacional, estamos por procesos constituíntes nas nacións do Estado". Dúas
ducias de organizacións políticas, sociais e sindicais apoian a manifestación
que este xoves 19 (coincidindo coa proclamación de Felipe VI) percorrerá as
rúas da Coruña baixo o lema Galiza pola República e polo Dereito a
Decidir. A marcha partirá ás 20 horas da Casa do Mar e
rematará ante a Delegación do Goberno, na praza de Ourense. Todas elas
asinaron un manifesto que lerá o escritor e xornalista Manuel Rivas.
“Esa saudade
histórica témola que transformar nunha saudade de porvir”, destaca Rivas
Rivas destaca a importancia do “carácter
unitario” deste chamamento, que “contrapesa esa imaxe interesada, de
intoxicación”, que fronte á operación sucesoria, presentada como “a
normalidade”, presenta a alternativa cívica republicana “como algo caótico”.
Critica que, en cambio, se presente a coroación de Felipe VI como “unha
historia feliz” cando “seguramente ten moito de thriller, de novela negra”. O
escritor e xornalista salienta a “velocidade intimidatoria” coa que se levou
este proceso de sucesión e cre que se se fosen outros os tempos o debate se
estendese, as posicións republicanas serían claramente maioritarias e
“imparables”.
O autor lembra tamén a importancia do
republicanismo na Coruña, “unha cidade asolagada” dentro da propia cidade “que
nunca desapareceu” e que constitúe “o verdadeiro ADN” da urbe, “unha alma que
se tentou amputar” pero que nunca foi esquecida. “Esa cidade emerxerá outra
vez”, engadiu, lembrando tamén que republicanismo e galeguismo sempre estiveron
unidos na Coruña. “Esa saudade histórica témola que transformar nunha
saudade de porvir”, concluíu.
O manifesto é o resultado das conversas
iniciadas entre as distintas entidades, a partir dunha convocatoria inicial da
Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH). Rubén Afonso Lobato, responsable de
comunicación da CRMH, confía nunha gran participación da cidadanía coruñesa e
destaca que “hai unha disociación entre o que di o Parlamento e o que di a rúa”
e que mesmo “un xornal nada sospeitoso de republicanismo, coma El País”
sinalaba recentemente que un 62% dos españois demandaba a celebración dun referendo.
O manifesto é o
resultado das conversas iniciadas entre as distintas entidades, a partir dunha
convocatoria inicial da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica
Foi asinado por BNG, EU, Anova, Equo, Espazo
Ecosocialista, CxG, Fronte Cívica, PCG, Corrente Vermella, Nós-UP, Galiza Nova,
Xuventude Comunista Galega, Comisiónpola Recuperación da Memoria Histórica
da Coruña, CIG, Central Obreira Galega, Club de Opinión Nuevos Republicanos,
Asociación Cultural O Facho, Comités Abertos de Facultade, Asociación Cultural
Alexandre Bóveda, C.S. Gomes Gaioso, 15-M de Monte Alto e 15-M da ría. Hai
outras organizacións, como Podemos ou CC.OO., que non asinaron o texto, pero
que xa anunciaron que convocarán os seus simpatizantes, para que participen na
mobilización. Entre as entidades que foron convocadas, unicamente PSOE e UGT
rexeitaron apoiar a manifestación.
Lobato subliña que "hai distintas
posturas, dende o proceso constituínte ao referendo", pero que todas
comparten a esencia das demandas do manifesto, a necesidade de que a cidadanía
sexa consultada de forma democrática sobre o modelo de Estado no que queren
vivir. Láiase, finalmente, de que convocatorias coma a que terá lugar na
Coruña non se repitan este día en todas as cidades galegas e do Estado.
"Queremos decidir sobre o noso futuro"
"Queren
poñer un novo rei en quince días sen contar coa opinión do pobo, como xa
fixeron en agosto de
2011 cunha
reforma do artigo 135 da Constitución"
O manifesto acordado por todas as
organizacións convocantes, que será lido por Manuel Rivas, comeza sinalando que
a abdicación do rei Juan Carlos "non pretende outra cousa que salvar unha
monarquía en descomposición e desprestixiada por numerosos casos de
corrupción" e denuncia que "queren poñer un novo rei en quince
días sen contar coa opinión do pobo, como xa fixeron en agosto de 2011 cunha
reforma do artigo 135 da Constitución". O texto salienta que se trata
dun "modelo de constitución caduco e que agoniza" e que "a
Monarquía é incompatíbel cun sistema democrático; é un réxime vitalicio e
hereditario, que non ten en conta a vontade popular".
Lémbrase a "forte tradición
republicana" da Coruña, que "así o manifestou cando puído elixir
libremente". Sinálase que "nas eleccións municipais do 12 de abril de
1931, que acabaron coa monarquía, as diversas candidaturas republicana acadaron
35 concelleiros e só 5 as monárquicas. E nas eleccións a Cortes de xuño de 1931
as candidatura republicanas conseguían 13 dos 16 deputados pola provincia da
Coruña". O texto chama a coruñeses e coruñesas a "manifestar ese
sentimento republicano e de defensa da democracia".
O texto chama a
coruñeses e coruñesas a "manifestar ese sentimento republicano e de
defensa da democracia"
Demándase finalmente "a
convocatoria dun referendo para que a
cidadanía decida entre monarquía ou
república. Esa consulta é un
dereito democrático que, segundo sondaxes de opinión, estaría apoiada pola
maioría da poboación". "Estamos a prol da ruptura democrática e
queremos decidir sobre o noso futuro", dise, pedindo a apertura de
"procesos constituíntes nas nacións do Estado, para que a cidadanía
poida decidir sobre o modelo político-institucional territorial e escoller a
forma do Estado".
No hay comentarios:
Publicar un comentario