05 de decembro de 2014
Unha semana
despois do desaloxo en Elviña, membros de Stop Desafiuzamentos, veciños do
barrio e o propietario da casa derrubada na Coruña, Álvaro Corral, acudiron
á sede do goberno local cargados con pedras do inmoble destruído para entregar
no Concello xunto a un escrito. Fixérono este xoves nun acto no que
denunciaron "a represión sufrida ese día pola cidadanía" e denunciar
as, segundo membros do colectivos contra os desaloxos, "graves
neglixencias" que se produciron na actuación da policía local no protocolo
de seguridade.
As tres
persoas, sobre o tellado, coa policía local subindo CC BY-SA M. Pereira
Veciños de Elviña e Stop Desafiuzamentos levaron ao
Concello pedras da casa derrubada polo parque Ofimático
Na concentración,
na que apareceron dous furgóns policiais, os axentes recriminaron aos veciños
que non tivesen pedido autorización, malia que tan só quedaron para entregar un
texto ao alcalde, Carlos Negreira. Tamén lle quixeron entregar restos da
derruba do inmoble e algunhas pedras foron depositadas á entrada do palacio
consistorial, ante a imposibilidade de entrar con elas.
Stop
Desafiuzamentos pide á cidadanía que sufrise violencia ou ameazas por parte dos
axente que achegue "probas" e asegura que dúas persoas perderon o
coñecemento nas cargas policiais, tanto fóra como no interior da casa derrubada
co obxectivo de construír equipamentos para o polémico parque Ofimático que se
prepara nesa zona da entrada á cidade. O colectivo lembra que "a
resistencia foi en todo momento pacífica" e advirte de "lesións"
nos brazos de varias persoas.
Ademais,
denuncian que a actuación dos axentes "puxo en perigo a vida das persoas
que alí se atopaban", tanto no momento no que a escavadora derrubou varias
árbores con xente moi achegada ou cando a policía local improvisou unhas
escaleiras para desaloxar a xente que se subira ao tellado e que tería
provocada a caída dun membro de Stop Desafiuzamentos.
Veciños de
Elviña e Stop Desafiuzamentos, con pedras ante o Concello @BNGACorunha
Stop Desahucios denuncia "graves
neglixencias" no desaloxo, incluso ao derrubar teitos con amianto
Ademais, tal e
como denunciou o dono da casa, a derruba do taller que alí había fíxose
"sen tomar as medidas de seguridade necesarias para tratar con materiais
altamente contaminantes como o amianto dos tellados, sen ningún tipo de
control, con centos de persoas ao redor, supoñendo un grave risco para a súa
saúde".
Stop
Desafiuzamentos denuncia a "complicidade do Concello da Coruña, e en
concreto do concelleiro de Urbanismo, Martín Fernández Prado, así como do
alcalde Carlos Negreira, cos intereses lucrativos e especulativos de empresas
privadas como Acciona", que ten o contrato de urbanización do Parque
Ofimático. "Levamos meses sinalando a falta de coordinación deste Concello
para resolver as demandas sociais daquelas persoas en situación de
vulnerabilidade desta cidade, e observamos con indignación como si son capaces
de coordinarse perfectamente coa policía e empresas privadas para botar unha
familia do seu fogar e reprimir a veciñanza solidaria", conta un colectivo
que asegura que a pa escavadora "pertencía á mesma Acciona e as
funcionarias que acudiron para notificar o desaloxo non se dirixiron en ningún
momento a Álvaro Corral ou á súa avogada alí presente". "A propia
policía local botouna do recinto a empurróns, impedíndolle asistir a todo o
proceso.
O colectivo
contra os desaloxos destaca, pola contra, "a solidariedade veciñal
vivida en Elviña, a dignidade do corpo de bombeiros -que se negou a colaborar-
e o compromiso dos medios de comunicación". Ademais, lembra que esta
parroquia rural, das poucas que quedan na Coruña, "segue reivindicando que
"se respecte o seu núcleo, que o Concello quere facer desaparecer".
Por iso, lembran que as súas alegacións reclamando a desafectación do plan do
Ofimático "seguen esperando resposta". "Non se van deter ante os
abusos dun Concello que só pensa nos intereses privados dos grandes
especuladores", remata.
O colectivo
leva recadados preto de 4.000 euros para pagar as multas dos activistas
sancionados nos desaloxos
Por outra
banda, esta protesta chega mentres Stop Desafiuzaentos continúa coa campaña de
achegas para o pagamento das multas que están a recibir varios dos seus membros
e cidadáns en xeral por participar nos intentos de paralización dos desaloxos.
Púxose en marcha hai uns días tras reafimarse a sanción ao bombeiro Roberto
Rivas, condenado por "alterar as masas" durante o desafiuzamento de
Aurelia Rey. Polo momento, o colectivo recadou preto de 4.000 euros a través
de pequenas colaboracións e agarda chegar aos 7.000 para colaborar no pago das
sancións.
Desaloxo
dunha familia en San Vicente de Elviña (A Coruña)
Fuente: http://praza.gal/


No hay comentarios:
Publicar un comentario