Carlos García
Vieito
Quinta feira de decembro do 2014
Como cada ano, o
Apalpador baixa das montañas para visitar polo Nadal aos máis cativos e cativas
da casa e comprobar de primeira man, que non están a pasar fame. Métese polas
chemineas, achégase aos máis pequenos que dormen para apalparlles a barriga e
ver que están ben alimentados. Dálles un bico na meixela e déixalles unha presa
de castañas para que non pasen fame.
"O Apalpador volve a representar o
mesmo que representaba tristemente hai anos. A fame volve aos fogares das
familias galegas unha vez máis"
Este personaxe
ficticio fai tremer a algunhas persoas que xa están ben metida en anos, cando
escoitan a súa historia. Máis non se sabe o por que disto, sexa por seren
inmaduros ou por posuír unha mentalidade bastante perversa e mal pensada.
Do que se está seguro,
é que o Apalpador volve a representar o mesmo que representaba tristemente hai
anos. A fame volve aos fogares das familias galegas unha vez máis, provocando
que moitos pequenos e pequenas deste país non poidan realizar as comidas
necesarias para as súas idades. Tristemente vivimos nunha realidade moi dura ao
ver que a fame non está fóra. Que apareza de novo un personaxe que rompa con
esta mentalidade consumista e materialista para facernos reflexionar como pobo
do que é realmente importante nestas datas, debe ser un punto a ter en conta de
que algo non estamos a facer ben. Que un vello xigante carboeiro de barba
rubia, baixe das montañas para comprobar que os máis cativos da casa non están
a pasar fame e deixarlle castañas -para quen non o saiba, o Apalpador, son os
pais- non deixa de ser unha mostra de cariño dentro dunha familia.
"Esperemos que esta crise económica
faga mudar a mentalidade da nosa sociedade e se poña en valor a humanidade
destas datas facendo que cada Nadal, o Apalpador chegue aos nosos
fogares".
A idea de que o
Apalpador volva as familias do país non gusta moito, xa non polo que se
comentaba ao principio, senón por abandonar esta sociedade de consumo e
desprendernos do materialismo baleiro de moitos agasallos, fáísenos difícil.
Tamén é certo que esa ruptura é difícil e moita xente, sobre todo os
comerciantes, non estarán moi a favor. Tampouco é moi atractivo que o agasallo
para os nenos e nenas sexa unha presa de castañas, máis non hai problema. A
igual que xorde con forza o Apalpador, canda el trae a idea de mercar os nosos
agasallos no comercio local, fomentando así, os produtos galegos e aos
comercios pequenos das nosas cidades e vilas que os ofertan.
Dalgún xeito,
esperemos que esta crise económica faga mudar a mentalidade da nosa sociedade e
se poña en valor a humanidade destas datas facendo que cada Nadal, o Apalpador
chegue aos nosos fogares
Fonte: http://www.sermosgaliza.gal/
No hay comentarios:
Publicar un comentario