O prestixioso xornal británico louva a última obra de O´Rivas traducida ao
inglés, 'All is Silence' (Todo é silencio). De paso, fala aos seus lectores e
lectoras da “Terra dos Gaélicos” que existe no extremo noroeste da
Península
Xesus Manuel Piñeiro hai un ano
Manolo Rivas é un dos escritores galegos máis traducidos e recoñecidos
fóra. Un prestixio gañado a base de talento, traballo e, tamén, humildade. Non
é doado que un xornal como The Guardian adique louvanzas a escritores de
linguas minoritarias. Mais faino con Rivas e coa súa reseña
de “All Is Silence” (Todo é silencio).
The Guardian resume
e afirma que, “para os lectores do mundo anglosaxón, a comparación obvia é con
Irlanda, ata a historia da fame e da emigración”
Aliás, e alén de falar da obra dde O´Rivas, tamén fala do seu país, de
Galiza, aínda que para iso caia en estereotipos e mitos. Mais, polo menos, non
son os estereotipos e mitos pexorativos ou prexudicais para cos e coas galegas.
Todo o contrario.
“A comparación con Irlanda é obvia, ata na emigración”
O xornal afirma xa no inicio da reportaxe que “O pasaporte pode ser
español, pero Manuel Rivas é de Galiza”, á que cualifica de “Terra dos gaélicos
no extremo noroeste de España”.
Na descrición describe “unha costa atlántica intricada”, cun, “clima frío e
húmido”. Para The Guardian, Galiza é un “país robusto mais exuberante e verde”,
cun pasado de seu e “cultura celta”.
The Guardian resume e afirma que, “para os lectores do mundo anglosaxón, a
comparación obvia é con Irlanda, ata a historia da fame e da emigración”.
Rivas: conquistar o mundo con historias mergulladas en Galiza
Fala a noticia tamén de lirismo, saudade, melancolía d@s
galeg@s. “Rivas, que escribe en galego, é un incansábel promotor da súa
terra natal. Novelas como O lapis do carpinteiro e Os libros arden
mal, e A lingua das Bolboretas mergúllanse na cultura galega e
enganchan ao público internacional”.
Fonte: http://www.sermosgaliza.gal/

No hay comentarios:
Publicar un comentario