A manifestación de Democracia
Nacional polo 12 de outubro rematou coa queima de diversa simboloxía, entre ela
unha bandeira de Galiza con estrela vermella e varias catalás soberanistas
A.R. Domingo, 12 de Outubro do 2014
Bandeira
galega queimada / @ruantifa
O 12 de
outubro, entendido como Día da Hispanidade, foi asumido polo españolismo como
un día de reivindicación unionista, na que se puxo especial énfase na oposición
ao impulso de soberanía que se vive en varias nacións do Estado, sobre todo en
Catalunya.
E
precisamente foi en Barcelona onde a manifestación do grupo de ultra-dereita
Democracia Nacional rematou coa queima dunha bandeira estreleira galega,
ademais de varias esteladas catalás. A marcha reuniu a varias decenas de
fascistas baixo o lema “Orgullosos de ser españois”. Tamén se berraron
consignas contra a migración, nun acto que rematou en Montjuïc e na que se
afirmaba que “o separatismo é terrorismo”. Tiñan permiso gobernamental.
Bandeiras
nacionalistas galegas como as que queimaron os neo-nazis son prohibidas e
confiscadas pola policía en certos recintos deportivos, tal e como veñen
denunciando seareir@s de Dépor, Celta ou Obradoiro.
Fonte: http://www.sermosgaliza.gal/
No hay comentarios:
Publicar un comentario