lunes, 8 de diciembre de 2014

O BNG PEDIRÁ EN MADRID A ANULACIÓN DAS MULTAS A PREFERENTISTAS



A formación nacionalista solicitará no Congreso que o Ministerio do Interior anule expedientes sancionadores “contra as persoas que se tiveron que mobilizar tras ser vítimas dunha estafa”.

Redacción segunda feira 08 de decembro do 2014
Preferentes_capapequena
 O BNG rexistrou no Congreso de Madrid unha proposición non de lei coa que esixe ao Ministerio do Interior que anule os expedientes sancionadores abertos a afectad@s pola estafa das participacións preferentes que foron multad@s en diferentes manifestacións e mobilizacións.

Na iniciativa, que recolle a axencia Europa Press, os nacionalistas galegos acusan ao Goberno de intentar "amedrentar e coaccionar" aos colectivos que se mobilizan en defensa dos seus dereitos, e que "dan exemplo de dignidade a moitas persoas". Entre eles, ás "vítimas dunha gran estafa bancaria" como a das preferentes, que "non tiveron máis saída que organizarse e mobilizarse fronte a un abuso", grazas ao cal conseguiron recuperar parte dos seus aforros. "Con todo, malia o loábel da súa loita, tamén foron obxecto de persecución policial e dunha extrema vixilancia por parte das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, ata o punto de ser sancionados e multados en numerosas ocasións", lamenta o Bloque.   
De feito, segundo os datos do BNG, só na provincia de Pontevedra impuxéronse 20.000 euros en sancións administrativas aos preferentistas polas súas protestas, unhas multas "totalmente desmesuradas, desproporcionadas e inxustas", sobre todo tendo en conta que estas persoas "xa sufriron un golpe económico nos seus aforros".

No hay comentarios:

Publicar un comentario