martes, 25 de septiembre de 2012

“BOICOT A LA PRENSA GALLEGA AL SERVICIO DEL GOBIERNO DEL PP QUE RECIBE DINERO PÚBLICO”



300.000 euros a dedo para La Voz e El Correo
A Xunta paga aos dous xornais por publicar 24 páxinas de "monográficos" ao ditado da Consellería de Industria ,facendo pasar por noticias o que en realidade é propaganda do Goberno.
Por Walter Burns | Santiago | 19/09/2012
 A Consellería de Industria asinou un convenio con La Voz de Galicia e El Correo Gallego a comezos de este verán. Son 150.000 euros para "para a elaboración e publicación de información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da Consellería de Economía e Industria". Así se establece nos acordos asinados o 15 de xuño e aos que tivo acceso GC.

Os convenios son unha forma opaca de repartir cartos públicos a dedo. A diferencia das axudas vía DOG, non hai convocatoria nin concorrencia pública. Dependen unicamente do criterio do político de turno. Por exemplo, desta volta Industria pagou unicamente a La Voz e a El Correo, marxinando ao resto de medios do país.

As cláusulas do convenio obrigan aos periódicos a elaborar informacións con datos facilitados pola Consellería. A Xunta "poderá formular en relación cos datos e informacións as observacións que considere pertinentes (...) as cales deberán terse en consideración". En ningún lugar do convenio se dita que o público ten dereito a saber que eses "monográficos ou gráficos, nun mínimo de 24 páxinas ou mancha similar" son propaganda pagada con diñeiro público e non información.

Axudas sen convocatoria pública e a dedo

Tanto o Colexio como o Sindicato de Xornalistas de Galicia denunciaron en innumerábeis ocasións que este tipo de convenios prexudica á obxectividade da información que reciben os cidadáns. Nótese por exemplo que estes dous medios a penas informaron da sentencia que declara legal o concurso eólico do bipartito, e que tirou a actual Consellería.

Dende o fraguismo, e tamén durante o bipartito, son unha vía que usa a Xunta para subvencionar aos empresarios da comunicación sen concurso e á marxe do DOG. Unha práctica, pagar regularmente cartos a dedo a certos empresarios mediante convenios, que non sucede en ningún outro sector económico.

A comezos de ano GC e o Novas da Galiza publicaron un balance dos cartos entregados por esta opaca vía aos medios dende que o PPdeG volveu ao poder autonómico. Os convenios na era Feijóo suman case 12 millóns euros. Só La Voz de Galicia recibiu 7,2 millóns de euros.

Nos próximos meses GC actualizará para os seus gcpluseiros os datos sobre os convenios aos medios. Permanezan, pois, atentos ás súas pantallas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario