domingo, 28 de julio de 2013

A NOITE DO 24X, A POLICÍA ESPAÑOLA VETOU A ENTRADA NA ZONA VELLA DE COMPOSTELA A PERSOAS QUE SE DIRIXÍAN EN GALEGO A ELA



Aconteceu o 24 de Xullo pola tarde e pola noite, cando os axentes rexistraron mochilas de quen portaba bandeiras da Galiza ou simboloxía nacionalista, para alén de impedir a circulación polo casco antigo a quen se dirixía a eles en galego. Dereitos Civís reclama ao valedor do pobo unha investigación

B.V hai un dia 26 de xullo do 2013

O colectivo Dereitos Civís vén de publicar unha petición na páxina de Change.org en que reclama perante o Valedor do Pobo unha investigación ao redor do acontecido o 24 de Xullo nas rúas de Compostela.

​Por volta das seis da tarde, hora á que estaba prevista a saída da cadea humana pola liberdade dos seis presos independentistas, foron varias as persoas que narraron como axentes da policía española rexistraban as súas mochilas ao transitar polas rúas do casco vello. 
Denuncia Dereitos Civís que polo menos dez persoas foron testemuñas da colocación de axentes nas distintas entradas á zona vella para impedir a circulación a persoas que falaban galego, namentres permitian o paso a aqueloutras que se dirixían a el@s en español. Tal foi a situación que houbo quen se valeu de locais hostaleiros con acceso á zona vella e á zona nova para atravesar por eles dun lado ao outro. 
As limitacións na liberdade de circulación son habituais nos días 24 e 25 de Xullo para as persoas que portan a bandeira de Galiza, autocolantes ou simboloxía nacionalista e que falan galego. Dereitos civís reclama que o Valedor do Pobo investigue estes feitos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario