A candidatura coruñesa convoca
primarias para o 7 e 8 de marzo e aproba o código ético e a fórmula coa que
presentarán ás eleccións, que será un “partido instrumental”, proposta que foi
aceptada desde forzas como Anova, Esquerda Unida, Podemos, Compromiso ou Equo a
falta da confirmación dos respectivos órganos ou asembleas
A.R. sábado 07 de febreiro do 2015
Representantes de Marea Atlántica, nun acto. / Sandra G. Rey
Marea
Atlántica, a candidatura que se presentou en verán do ano pasado na Coruña como
“iniciativa cidadá e espazo de confluencia” aprobou este sábado por aclamación
tres propostas organizativas chave, entre as que se atopa a convocatoria de
eleccións primarias con listas abertas o 7 e 8 de marzo para elixir -por
separado- cabeza de cartel e lista de candidat@s. Poderán votar todas as persoas
que teñan asinado o seu manifesto inicial. Ademais, aprobaron un código ético e
tamén a fórmula que usarán para presentarse aos comicios municipais do 24 de
maio, que será como “partido instrumental”.
Neste
sentido, os documentos aprobados por Marea Atlántica obtiveron o apoio
de persoas pertencentes a diversas formacións políticas, que agora terán que
decidir nos respectivos órganos ou asembleas internas a súa integración -sen
siglas- dentro da candidatura, que non aceptará imputad@s ou persoas que
formaron parte no pasado dos gobernos locais. Do acordo que a iniciativa
electoral acadou participaron Anova, Esquerda Unida, Podemos, Compromiso por
Galicia, Equo e Espazo Ecosocialista, que case seguro acabarán apoiando a Marea
Atlántica e mesmo presentando persoas nas primarias para faceren parte da
candidatura.
A
candidatura non aceptará imputad@s nin persoas que formaran parte de anteriores
gobernos locais
Deste
xeito, a Marea coruñesa desbotou -co referido apoio inicial das forzas que
compoñen AGE ou de Podemos- a posibilidade de presentarse como coalición
electoral ou agrupación de electores, algo que noutras latitudes IU non ten
aceptado, por exemplo en Madrid. En Galiza, segundo a súa voceira
Yolanda Díaz, “a fórmula da candidatura non será problema para crear unidade
popular”.
Así
mesmo, Marea Atlántica presentou un código ético segundo o cal @s
representantes elect@s non poderán ocupar un cargo máis de dúas lexislaturas
nin ingresar máis de 40.000 euros brutos anuais. Tamén terán que facer públicas
todas as súas contas e patrimonio, quer durante o mandato quer durante un
período despois de deixar o posto.
Fonte:
http://www.sermosgaliza.gal/

No hay comentarios:
Publicar un comentario