Un informe publicado
pola Comisión europea revela que o Estado asumirá as perdas polos litixios
abertos con anterioridade á venda da entidade financeira.
O.R. venres 1 de agosto do 2014
O Estado continuará a facer fronte ás perdas da
entidade financeira resultante da fusión e bancarización das caixas mesmo
despois de vendela a Banesco. Faráo através do FROB e prevese que a cantidade
total ascenda a 2.332 millóns de euros segundo publicou a Comisión europea nun
informe enviado ás autoridades españolas.
Trátase dunha previsión que o FROB xa incluía no informe de venda de NGB, con data de 2013,
mais no que unicamente se especificaba a porcentaxe de perdas que serían
asumidas con fondos públicos, o 85%.
Segundo o organismo faríao en concepto das
"contías ás que NCG Banco deba facer fronte" como consecuencia da
transmisión de activos ao Sareb --banco malo-- da obriga de aboar
indemnizacións a compañías de seguros polos procesos arbitrais,
responsabilidade derivada da venda de activos híbridos --preferentes e subordinadas--
e a comercialización de préstamos hipotecarios con cláusulas chan, entre outros
litixios abertos con anterioridade á venda da entidade financeira a
Banesco.
Máis de 10 mil millóns públicos perdidos
De acordo coas previsións feitas públicas naquel
momento polo Ministerio de Economía español esta contía oscilaría entre os 0 e
os 500 millóns de euros mais, após a publicación por parte da Comisión do seu
informe, esta cantidade podería chegar a máis de 2.000 millóns de euros
(2.332.000.000).
Esta cantidade viría a se sumar aos perto de 8 mil
millóns de euros perdidos polo FROB coa venda de NGB, pois Banesco mercou a
entidade por pouco máis de mil millóns de euros logo de que NovaGalicia Banco
fose resgatada con 9 mil millóns de euros públicos.
De se cumprir as previsións da Comisión europea, o FROB
tería perdido co resgate e venda de NovaGalicia Banco máis de 10 mil millóns de
euros públicos.
Fonte: http://www.sermosgaliza.gal/

No hay comentarios:
Publicar un comentario