GALIZA POLA
REPÚBLICA
E POLO DEREITO
A DECIDIR
Despois
da abdicación do rei Juan Carlos, que non pretende outra cousa que salvar unha
monarquía en descomposición e desprestixiada por numerosos casos de corrupción,
queren poñer un novo rei en quince días sen contar coa opinión do pobo, como xa
fixeron en agosto de 2011 cunha reforma do artigo 135 da Constitución.
Estamos
nun momento histórico cun modelo de constitución caduco e que agoniza. O ditador
Franco, que encabezou en 1936 un levantamento militar e fascista contra a
democracia, nomeou ao príncipe Juan Carlos como o seu sucesor en 1969. A
monarquía actual é, polo tanto, herdeira daqueles que se levantaron contra a
República constitucional, elixida nunhas eleccións democráticas. Juan Carlos,
que nunca condenou a ditadura franquista, xuraba, daquela, lealdade ao ditador
e aos “Principios del Movimiento Nacional” e falaba de “la legitimidad política
surgida el 18 de julio de 1936”.
A
monarquía é incompatíbel cun sistema democrático; é un réxime vitalicio e
hereditario, que non ten en conta a vontade popular porque o rei, como xefe do
Estado, non é elixido polo pobo nunhas eleccións democráticas.
Estamos a prol da ruptura democrática e
queremos decidir sobre o noso futuro. Partindo da existencia dunha realidade
plurinacional, estamos por procesos constituíntes nas nacións do Estado, para
que a cidadanía poida decidir sobre o modelo político-institucional territorial
e escoller a forma do Estado.
A
Coruña é unha cidade cunha forte tradición republicana e así o manifestou cando
puído elixir libremente. Nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931, que
acabaron coa monarquía, as diversas candidaturas republicana acadaron 35
concelleiros e só 5 as monárquicas. E nas eleccións a Cortes de xuño de 1931 as
candidatura republicanas conseguían 13 dos 16 deputados pola provincia da
Coruña.
É hora de
manifestar ese sentimento republicano e de defensa da democracia. Por iso
chamamos á cidadanía a participar na manifestación unitaria, convocada para o
xoves, 19 de xuño que sairá ás 20 horas da Casa do Mar ata a Delegación do
Goberno na praza de Ourense.
Organizacións
que apoian este manifesto: BNG, EU,
Anova, Equo, Espazo Ecosocialista, CxG, Fronte Cívica, PCG, Corrente Vermella,
Nós-UP, Galiza Nova, XCG, CRMH, Nuevos Republicanos, Ateneo Republicano, A.C. O
Facho, CIG, COG, Comités, C.S. Gomes Gaioso, 15-M de Monte Alto, 15-M da Ría,
A.C. Alexandre Bóveda. (está relación está aberta a futuras incorporacións).

No hay comentarios:
Publicar un comentario